FACER PAÍS CO IDIOMA
SENTIDO DA NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA
LIMIAR
Cando un se atopa ante a responsabilidadede escribir un discurso coma o presente, o primeiro que ten que decidir é otema de que vai tratar. Nesta ocasión, tendo en conta tanto a traxectoria académicae intelectual de quen lles fala como as serias e moi xustificadas inquedanzasque a todos nos embargan nos tempos que corren, o asunto impúxose coa forzadunha evidencia: era obrigado ofrecer unha reflexión arredor da situación doidioma galego. Cando apareceron as dúbidas, os dilemas e as ansiedades, foi áhora de escribilo.
En parte, estas dificultades son deorde obxectiva: veñen impostas pola extrema complexidade do asunto e atópansemagnificadas pola conxuntura que estamos atravesando, de crise profunda e estendidodesconcerto. Outra parte, non menor, é de orde subxectiva: comezando polaspropias perplexidades intelectuais que atordan ao orador que lles fala,seguindo pola sensación de frustración e o conseguinte desacougo provocadospolos reveses que leva sufrindo o idioma galego nos últimos tempos e as avesíasincertezas sobre o porvir, e rematando polas interrogacións sobre cal sería amensaxe oportuna que cumpría enviar nestes momentos á opinión pública.
Ninguénpode dubidar que a lingua galega está a vivir unha grave crise. Pero é unhacrise que se insire no panorama moito máis amplo dun cataclismo de alcancehistórico. Vivimos tempos moi difíciles. Un xigantesco terremoto económico,provocado pola voracidade insaciable da fracción máis cobizosa do capitalismoespeculativo, está a espallar a miseria e a ruína polo planeta e leva camiño deprovocar un retroceso de décadas nas conquistas da sociedade civilizada,singularmente na nosa Europa.
Dirixímonosa fume de carozo cara a un modelo social fundado na supremacía do intereseprivado e a postergación dos intereses comúns, na hipertrofia do individualismoe a liquidación do público, con consecuencias ben coñecidas: un reparto cadavez máis inequitativo da riqueza, a penuria dos servizos sociais e a limitacióndas oportunidades para o común da xente, una sociedade polarizada entre unhadiminuta minoría cada vez máis podente e unha inmensa maioría en constate precarización,co Estado desentendido da sorte da cidadanía e encargado sobre todo de protexera seguranza e os intereses dos privilexiados. Ante a complicidade dos gobernos,espállase a desorientación e ouvean ceibes polas rúas do vello continente oscans danados dun cínico egoísmo, a xenofobia e os diversos fanatismos. Endefinitiva, atopámonos en plena travesía acelerada dun Estado de relativo benestara un Estado de malestar sen paliativos.
Ante estepanorama, ao convidarmos á audiencia a que reflexione sobre a situación do nosoidioma ou alertarmos sobre as ameazas que se cernen sobre o seu porvir,puideramos dar a impresión de que pretendemos entregarnos a unha especulaciónse cadra entretida pero máis ben ociosa, con risco de derivar en fútildesabafo, ou peor, un censurable desvío da atención con respecto aos prementesarregueixos que nos espreitan.
A criselingüística que estamos sufrindo semella unha nimiedade comparada coacatástrofe que nos abala. Seicasí, existe un fío condutor que conecta unha eoutra, talvez imperceptible, mais non por iso menos real. Porque o modeloeconómico e social (e, como corolario, cultural) que ameaza con engulir asconquistas dos traballadores e traballadoras e mergullar de novo na escravitudea maioría do xénero humano, é o mesmo que leva camiño de estragardefinitivamente o equilibrio ecolóxico do planeta e ao mesmo tempo arrasar co proteicopatrimonio cultural da humanidade, do que forma parte substancial e inseparablea diversidade lingüística. E polo mesmo sumidoiro por onde ameaza escoar omultiforme tesouro idiomático e cultural da nosa especie, corren o risco de seesvaer tamén a orixinalidade e a creatividade humanas, que de todos os xeitos careceríande propósito no deserto raso, estancado e amorfo, unánime e perpetuamentesemellante a si mesmo, cara ao que parecen querer arrastrarnos.
O devanditosoa apocalíptico. O máis probable é que non aconteza, pero xamais convén perderde vista que pode acontecer, que de feito non está lonxe de acontecer, e queimpedilo está da nosa man. Se nos deixamos levar, se non tomamos a iniciativa,se non permanecemos en estadio de alerta constante e continua disposición paraactuar, podemos rematar aí.
Secomasí, oautor destas liñas é especialista en sociolingüística, e este modesto profesoré consciente de que a benemérita corporación que hoxe o acolle reparou nel edecidiu distinguilo, non polas inquedanzas que como cidadán partilla con outrosmoitos, mais polo seu labor académico, e nun senso máis amplo, intelectual,sobre e a prol da lingua de noso. E, dado que por este acto o devanditoprofesor pasará a formar parte da corporación que o quixo honrar, e visto queesta ten como principalísima entre as súas tarefas a de defender, cultivar epromover o idioma galego, o asunto para tratar hoxe non podía ser outro que omesmo idioma, máis en concreto, a súa problemática situación actual. Unhareflexión que se fará desde a sociolingüística.
Como experto en sociolingüística, quenlles fala é interpelado adoito por persoas que ou ben reclaman solucións prestasa aplicarse e de efecto inmediato, ou ben, cando un advirte que estas nonexisten, se queixan da inutilidade da nosa disciplina. Máis dunha vez me teñovisto obrigado a esclarecer que os sociolingüistas non somos médicosespecializados en sandar idiomas, nin podemos expedir receitas máxicas pararesolver as súas presuntas doenzas. Por parte, non existe unha ciencia quepoida ofrecer remedios precociñados para os problemas sociais.
A sociolingüística é un campo deestudos sistemático, que dispón de instrumentos adecuados para obterinformación relevante e que se dotou de procedementos rigorosos para elaborar etestar hipóteses interpretativas. Nese sentido, é unha disciplina científica.Pero como a realidade social non se rexe por leis infalibles, asociolingüística non é unha ciencia exacta. Pode contribuír a identificar,analizar e ilustrar os problemas, pero a quen corresponde confrontalos é ásociedade mesma. E estes problemas constitúen adoito frontes abertas deconflitos, campos de colisión de intereses, de sensibilidades ou de puntos devista, onde se libran duras batallas políticas e ideolóxicas, e por tanto sonsusceptibles de distintas, mesmo contraditorias, interpretacións e dediferentes, incluso contrapostas, solucións. O sociolingüista non podepermanecer alleo a esas tensións, pero, se é honesto e minimamente competente,procurará non quedar atrapado dun partipris previo. Iso vai tentar o autor no texto que segue.
O CERNE DA CUESTIÓN: NORMALIZACIÓN EAUTOGOBERNO
Arecuperación das liberdades en España chegou indisolubelmente asociada aorecoñecemento do dereito ao autogoberno das nacionalidades e rexións,recoñecido na Constitución. Democracia e autonomía son, pois, dúas caras damesma moeda. No caso das nacionalidades con lingua propia, recoñecida como talpolos respectivos estatutos, a promoción desta considerouse tarefa prioritariadas institucións de autogoberno. O obxectivo desa promoción cifrouse na normalización deses idiomas. Máis adiantetornaremos sobre este concepto, tan merecente canto necesitado deesclarecemento. Deixemos agora sentado que autogoberno e normalización doidioma galego (e analogamente,do éuscaro e o catalán / valenciano) foron e son dúas caras da mesmamoeda. O obxectivo da normalización, e mesmo o emprego deste termo, foiformalmente establecido por unha lei do Parlamento de Galicia, a Lei deNormalización Lingüística de Galicia, aprobada por unanimidade en 1983.
Na nosaopinión, o consenso glotopolítico que se foi fraguando ao longo do primeiro ciclohistórico da autonomía de Galicia (un ciclo que se pode dar por pechado entre2005 e 2010), fundábase en tres conviccións mutuamente encadeadas: a) aasociación entre o autogoberno de Galicia e a normalización do idioma propioestaba solidamente asentada na sociedade, b) estas dúas nocións concitaban unasenso xeneralizado entre as forzas políticas máis representativas, e c) aíndaque xa efectivas e operantes, ambas eran consideradas realidades en andamentoprogresivo, por tanto non culminadas nin pechadas, senón susceptibles dereforma e profundización.
Sobre estasconviccións descansaba a confianza máis ou menos implícita de que os receos,resistencias e dúbidas que podían albergar uns ou outros sectores cara aoautogoberno e cara á normalización lingüística se irían disolvendo na prácticamediante a implicación dos distintos axentes políticos e sociais na xestión dasinstitucións públicas a distintos niveis, por obra da propia utilidade daautonomía para conseguir melloras significativas nas condicións de vida damaioría da sociedade e, no caso concreto da política a prol do galego, nasituación do idioma de noso.
Na nosaopinión, esas expectativas canto á capacidade de integración da autonomía e dapolítica lingüística dos sectores reticentes ou desconformes parecían razoables,pero os feitos demostraron que eran optimistas de máis: dunha banda, osresultados quedaron por debaixo das expectativas, doutra banda, as inercias e asresistencias foron máis profundas, poderosas e duradeiras do que se podíaprever.
E así, nosúltimos anos emerxeron con forza os discursos contra a normalización do galegoque nunca deixaran de facerse oír, pero que nas décadas pasadas atinxiranescaso eco social e nulo efecto político. Coidamos que aínda está poresclarecer ata que punto eses novos discursos responden a un cambio real dasociedade galega, das expectativas e aspiracións de sectores sociais significativosdela, ou, pola contra, constitúen un fenómeno máis superficial, amplificado aosabor de puras tácticas partidistas ou mediáticas, e por tanto previsiblementeefémero. Sexa como for, ao longo dos debates dos anos pasados quedaron bruscamenteespidas as fraquezas dos apoios sociais e políticos, do proxecto e do discursoa prol da normalización do idioma.
Noutrostextos publicados nos dous últimos anos témonos ocupado da análise dosdiscursos tanto sobre a ‘liberdade lingüística’ como a prol da normalización dogalego. Sobre esta mesma análise tornamos no texto publicado do presentediscurso, desta volta apoiándonos nun estudo máis repousado dos datos ao nosodispor, reforzando a argumentación sociolingüística e alargando o horizonte danosa reflexión.
Canto áanálise pormenorizada dunha serie de datos relevantes sobre o cambio de linguaen Galicia, a súa cuantificación e a determinación das súas circunstancias eposibles motivacións, remitimos á versión impresa do discurso, pois seríaimprocedente desenvolvela no resumo, necesariamente breve, que lles estouofrecendo. No que atinxe á reflexión, apóiase na firme crenza de que a crise doproceso de normalización do idioma galego é inseparable da crise doautogoberno, máis aínda, do proceso de construción de Galicia como nacionalidade,e constitúe un síntoma, se cadra dos máis significativos, desta. Por tanto,sostemos que o que en realidade está en cuestión é a lexitimidade doautogoberno de Galicia.
Obviamente,o autor destas liñas non é a persoa idónea nin esta ocasión constitúe o momentoindicado para desenvolver esa tese, que así e todo subxace en todo o que sedirá a seguir. En troca, si que consideramos pertinente, por non dicirimprescindible, ilustrar a nosa aseveración previa: a crise da normalización dalingua está asociada á da autonomía de Galicia e constitúe un dos seus síntomasmáis alarmantes.
Segundo anosa opinión, o núcleo do problema sociolingüístico de Galicia vén constituídopolo proceso de substitución lingüística do galego. A resposta tradicional queo réxime democrático e autonómico deu a este problema foi tentar reverter ese proceso,obxectivo que se considerou central na ‘normalización lingüística’ do galego. Onovo discurso sobre a ‘liberdade lingüística’ que sustentan os sectores belixerantescontra aquela sostén que o núcleo do problema non é o devandito, senón aimposición do idioma propio do país, e que a resposta proporcionada a esteproblema é a suspensión ou mesmo a reversión das políticas de protección epromoción do galego. Algúns pasos xa se teñen dado nese sentido. Tentaremosanalizar o marco intelectual deste discurso e demostrar a súa falta defundamento.
Afrontamos,pois, esta singradura non co ánimo de solucionar un enigma académico, por máisapaixonante que este puidese resultar, senón de contribuír a esclarecer unproblema social. Non se nos escapa que soamente imos tratar algunhas facetasdeste problema, que coidamos que non son menores. Para a nosa idea, acontraposición entre normalización do galego e liberdade lingüística é unhafalacia que nace tanto dunha serie de malentendidos sobre o que é a primeira,canto dunha lectura tendenciosa da segunda. A liberdade é precondición esencialda normalización lingüística, ao tempo que, segundo nós a entendemos, anormalización do galego é unha garantía esencial da liberdade lingüística.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. PRESUPOSTOS E IMPLICACIÓNS
Comodixemos, o tramado de relacións entre as linguas e as sociedades éextraordinariamente intricado. É que, cando se estudan desde o punto de vistadas súas condicións de existencia histórica, descóbrese que as linguas (os seusmúltiples usos, as valoracións que se lles atribúen) son fenómenosentrefebrados de moitos xeitos distintos, uns mediatos e outros inmediatos (epolo mesmo, uns evidentes, outros non tanto), cunha ampla variedade de aspectosda vida colectiva. E pensando xa especificamente nos casos de bilingüismosocial, as dinámicas da produción e reprodución das linguas en contacto, deavance dunha a custa da outra, poden verse afectadas por unha grande variedadede procesos, tales como transformacións económicas, migracións, implosións ouexplosións demográficas, catástrofes ecolóxicas, innovacións tecnolóxicas(sobre todo no eido das tecnoloxías da comunicación), conflitos bélicos ouconfrontacións entre grupos étnicos ou sociais, incluíndo, nótese ben,decisións ou actividades non especificamente lingüísticas de autoridadespolíticas, relixiosas ou outras.
A ideabásica que subxace á política lingüística é que, abandonada ao xogo dasdinámicas sociais resultantes dos procesos do tipo dos que acabamos demencionar, e como efecto colateral dalgunha delas (ou dunha combinación devarias delas), unha determinada situación sociolingüística pode evolucionar nunsentido non desexado por unha maioría dunha comunidade dada. Máisparticularmente, as políticas de defensa e promoción dos idiomas ameazados partenda constatación de que, abandonados ao acaso das dinámicas que nun momento dadoos arrastraron á súa marxinación e posteriormente os apuxan cara á súadesaparición, eses idiomas, efectivamente, desaparecerán.
Esaspolíticas apóianse, pois, na vontade dos grupos sociais que achan inxustificable,indesexable e contraria aos seus intereses a subordinación e a desaparición de talesidiomas, e teñen como obxectivo corrixir ou mitigar os efectos prexudiciais dedinámicas sociais de distinto tipo, coma as antes amentadas, que poden afectarnegativamente a unha lingua ou ao grupo lingüístico correspondente.
Desde estaperspectiva, a política lingüística normalizadora constitúe unha ferramenta dascomunidades concernidas para remediar situacións que estas xulgan indesexables,e presupón un certo grao de autorregulación de tales comunidades. A políticalingüística responde, pois, á arela das sociedades democráticas contemporáneasde controlar os seus destinos, velando pola preservación de bens comúnsvaliosos, no canto de abandonalos á súa sorte, ao incerto xogo de forzas epoderes situados fóra do alcance da cidadanía. É un factor de autoxestión,orientado a garantir a igualdade e liberdade dos falantes e dos gruposlingüísticos, preservando o pluralismo e facilitando o desenvolvemento erealización plenos dos individuos e das distintas comunidadeslingüístico-culturais.
Ao longo danosa historia contemporánea a reivindicación do galego foi formulada en termosde nacionalización, isto é, dunha modernización autocentrada do noso país. Comoaconteceu en toda Europa, os promotores desa reivindicación presentárona comounha restauración, unha volta ás orixes, fosen estas entendidas como ‘raícespopulares’ ou como ‘raigañas históricas’ (ou ambas). Despois de décadas deestudo sobre os nacionalismos, temos a certeza de que, por paradoxal que istopareza, a retórica da restauración da identidade e da volta á autenticidade dacultura tradicional acompañou os procesos de modernización social (nomeadamentea urbanización) inseparables da creación das nacións contemporáneas. O mesmopode dicirse dos procesos de ‘normalización’ de linguas previamentesubordinadas, moitas delas carentes de tradición literaria ou incluso ágrafas:a súa promoción xustificouse en termos de recuperación do idioma auténtico epropio do pobo, ao tempo que abocou á súa modernización.
Como ésabido, no estado español pugnaron entre si dous modelos de nacionalización emodernización rivais: o modelo centralista, de nacionalización monocéntricaconforme o molde castelán, que implicaba a marxinación das linguas e culturas‘periféricas’, e o modelo pluralista, de nacionalización policéntrica, corecoñecemento da diversidade lingüística dos distintos pobos, sen negar o papeldo castelán como lingua franca. O modelo predominante foi o centralista, que sepretendeu impor mediante políticas coercitivas, cando non abertamente autoritarias.Por iso, no contexto español, centralismo e restrición ou falla de liberdadesvan estreitamente da man; e polo mesmo, a estas alturas da historia resultantan pouco cribles as propostas de centralismo xacobino, por moito que seenvurullen nun discurso liberal.
Por parte, logoda amarga experiencia do franquismo, ao recoñecer e garantir no seu artigo 2º o“dereito á autonomía das nacionalidadese rexións”, a Constitución de 1978 abriu a posibilidade de ensaiar un modelo denacionalización moderadamente policéntrica, aínda que fose con cautelas elimitacións. A seguir, constituíronse comunidades autónomas, algunhas das calesse definiron como ‘nacionalidade histórica’ nos seus estatutos, como acontece no Estatuto de Autonomía deGalicia, que no seu artigo 1º declara: “Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma paraacceder ao seu autogoberno”.
En variascomunidades autónomas con lingua propia, entre elas Galicia, están vixentesleis que se titulan de normalizaciónlingüística, nas que esta aparece enunciada como obxectivo fulcral daspolíticas lingüísticas desas comunidades. O termo normalización lingüística ten, por tanto, carácter oficial, poisfigura tanto no Estatuto de Autonomía de Galicia como na Lei do Parlamento deGalicia así titulada. Tanto é así, que para definilo en termos xurídicospodemos acudir ao propio Tribunal Constitucional, que na súa recente sentenza sobreo Estatuto de Autonomía de Cataluña sinala o alcance da normalizaciónlingüística ao confirmar
“aprocedencia de que o lexislador poida adoptar as axeitadas e proporcionadasmedidas de política lingüística tendentes a corrixir, de existiren, situaciónshistóricas de desequilibrio dunha das linguas oficiais respecto da outra,reparando así a posición secundaria ou de postergación que algunha delaspuidera ter” (STC, EAC,FJ 14a; a tradución é nosa).
Así e todo,o devandito refírese aos obxectivos ‘patentes’ da política lingüística, isto é,os relativos ao coñecemento xeral, uso oficial e valoración social do idioma. Enefecto, a normalización lingüística é un obxectivo en si mesmo, pero nonpodemos esquecer que, ademais, contribúe a unha meta, non explícita, de maioralcance. Esa non é outra que a da afirmación de Galicia como país(‘nacionalidade’, segundo o Estatuto de Autonomía vixente) a través doautogoberno. Un autogoberno alicerzado tanto nunha visión colectiva dos nososintereses compartidos e privativos canto na nosa condición de pobo dotado dunhapersonalidade propia e orixinal. Xa que logo, a normalización lingüística é unpropósito inseparable da autonomía política de Galicia, que pola súa vezconstitúe un instrumento para o noso autogoberno e a afirmación da nosa identidadenacional.
O devanditoestá claramente expresado no preámbulo á Lei de Normalización Lingüísticaaprobada no Parlamento de Galicia en 1983. Paga a pena citalo:
“O proceso histórico centralista acentuado no decorrerdos séculos, tivo para Galicia dúas consecuencias profundamente negativas:anular a posibilidade de constituír institucións propias e impedir odesenvolvemento da nosa cultura xenuína […] Sometido a esa despersonalizaciónpolítica e a esa marxinación cultural, o pobo galego padeceu unha progresivadepauperación interna […] que foi constantemente combatida por tódolos galegosconscientes da necesidade de evitar a desintegración da nosa personalidade.
A Constitución de 1978, ao recoñecer os nosos dereitosautonómicos como nacionalidade histórica,fixo posible a posta en marcha dun esforzo construtivo encamiñado á plenarecuperación da nosa personalidadecolectiva e da súa potencialidade creadora. Un dos factores fundamentais desa recuperación é a lingua, por ser onúcleo vital da nosa identidade. A lingua é a maior e máis orixinalcreación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dáunidade interna á nosa comunidade. […]
A presente Lei, de acordo co establecido no artigo 3da Constitución e no 5 do Estatuto de Autonomía, garante a igualdade do galegoe o castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como lingua propia do noso pobo”.
Xa quelogo, a normalización do galego só será viable no contexto dun proceso máisamplo de afirmación de Galicia como comunidade de seu, isto é, dunha apostadecidida da nosa sociedade polo autogoberno, apoiado na conciencia maioritariade constituírmos unha nacionalidade. Estes son obxectivos non só compatibles comarco político-legal vixente (cousa distinta é que se puidesen realizar dexeito máis satisfactorio noutros marcos), senón en certa maneira implícitos nel,ou a menos contidos nel como unha hipótese recoñecida e lexitimada.
A contrario, a normalización do galego éimpensable nun contexto de disolución da identidade e involución do autogobernode Galicia, isto é, de hexemonía dun proxecto centralista e uniformizador, que contoda coherencia favorecerá a asimilación lingüística e por tanto a substitucióndo galego. Por outras palabras: un proxecto de desnacionalización de Galicia éincompatible coa normalización do galego, e o seu triunfo conduciría inexorablementeá aniquilación do noso idioma.
Resultaríaescusado lembralo, pero tal como están os tempos, cómpre facelo: todo oconxunto de afirmacións anteriores non expresa teses específicas donacionalismo galego. En particular, non implica asociar a defensa da lingua coaideoloxía ou os partidos nacionalistas, nin soster que a fortuna ou infortuniodaquela dependerá do suceso ou fracaso destes. Porque, como dixemos, sonafirmacións contidas ou apoiadas no ordenamento xurídico-legal vixente, queexpresan consensos políticos e sociais laboriosamente forxados e que comprometena todos. Por tanto, poñen de vulto que a normalización do galego interesa atoda a cidadanía galega, e non é nin pode ser asunto reservado aosnacionalistas.
Agora, ¿quese entende por normalización lingüística? Para a nosa idea, esta podeentenderse como un proceso ou como unha meta, un ideal. Coidamos que aconcepción como proceso é máis ou menos pacífica: abrangue iniciativas de distintotipo e alcance, orientadas tanto á dignificación e promoción dunha linguaameazada e da cultura que se lle asocia, canto ao empoderamento da comunidadeque a fala.
Máisproblemática se presenta a definición da normalización lingüística como meta ouideal. Cando pedimos á xente que defina o obxectivo da normalización lingüística, a resposta máis frecuente que obtemos é:“conseguir que unha lingua sexa normal”.Porén, esta resposta non é tan obvia; de feito, a pouco que escaravellemos neladecatarémonos que a normalidade lingüística é unha noción normativa que podeentenderse basicamente de dúas maneiras distintas: unha delas adopta aperspectiva do falante individual, outra a da sociedade no seu conxunto.
Segundo aprimeira, un idioma é normal cando aspersoas que o falan poden utilizalo sen atrancos nin limitacións nos distintosámbitos da súa vida diaria: familia, traballo, lecer,... Conforme a segunda, unidioma é normal cando ademais cobreas funcións comunicativas básicas dunha sociedade: educación, administracións,medios de comunicación, lecer, empresas e comercios, etc.
Estas dúasperspectivas non son contrapostas senón complementarias, pero cada unha destasvisións pode descansar en concepcións distintas, e incluso mutuamentecontraditorias, da normalidade lingüística. Se limitamos a idea de normalidadelingüística á primeira acepción, isto é, a que un individuo poida usarlibremente o seu idioma, situámonos no terreo das concepcións individualistas, liberais,da normalidade (e por tanto, da normalización) lingüística. Se aampliamos no sentido da segunda acepción, subliñaremos a complementariedade dasdúas perspectivas, individual e social: o falante individual dificilmentepoderá disfrutar da normalidade dasúa lingua, se esta non asenta nunha normalidadesocial.
Ora, aslimitacións da concepción individualista da normalidade lingüística saltan ávista unha vez que un se fai unha pregunta tan elemental coma esta: cando se afirmaque aquela consiste en que cada individuo poida utilizar a súa lingua sen limitacións,isto refírese só a el como falante activo (emisor) ou tamén como receptor? Anormalidade do galego para min, canto falante individual, significa soamenteque eu podo utilizalo sen atrancos?Ou significa máis ben que as actividades básicas en que eu participohabitualmente se desenvolvan no meu idioma?
Entendidadesta segunda maneira, a normalidade da lingua non só implica que eu me poidadesenvolver en galego, senón que esixe que outros interlocutores e emisores(persoas ou instancias impersoais) me comuniquen na mesma lingua. É obvio que aconcepción individualista resulta insuficiente e claramente insatisfactoria.Por que razón? Simplemente, porque non dá conta da imbricación inseparable que,cando falamos de linguas, existe entre o individual e o colectivo, ou se sequere, interpersoal. E isto condúcenos a outro asunto que nos ocupará hoxe.
O DISCURSO NEOLIBERAL E AFALACIA DA ‘LIBERDADE LINGÜÍSTICA’
Ultimamente, aoproxecto da normalización lingüística véuselle contrapor o discurso da liberdadede lingua. Isto é así non porque unha cousa sexa incompatible coa outra, maisben ao contrario: a normalización lingüística ben entendida ten como obxectivo estableceras condicións para o pleno exercicio da liberdade dos e das falantes, sendo ademaisque esixe como requisito imprescindible a democracia, como a historia españolado século pasado ilustra. Acontece que a noción de ‘liberdade lingüística’ quese puxo a circular nos últimos anos foi elaborada explicitamente como marco deintelección contrario á de ‘normalización do galego’. Isto xustifica que nos deteñamos a analizalabrevemente.
Comezaremos porobservar que aquela noción responde a unha aplicación mecánica ao dominio dalinguaxe de concepcións ideolóxicas ultraliberais, que defenden unindividualismo irrestrito, pregoan as bondades do ‘libre mercado’ fóra de todo controlsocial e aspiran á mercantilización de todas as ordes da vida. Talesconcepcións abstraen os individuos das condicións sociais da súa existencia, entesisolados que só se realizarían como seres plenamente libres ao axiren no marcodun mercado desregulado.
Aplicada áslinguas, esa visión propugna o ideal dun individuo que pode escoller o idiomaque fala no marco dun mercado lingüístico aberto no que ‘naturalmente’, porefecto da libre concorrencia, se imporá a lingua que máis vantaxes comparativasofrece. A uniformización lingüística seguirase ‘loxicamente’, a beneficio detodos, da expansión da lingua máis competitiva. Isto é, o vello darwinismosocial fundado na mecánica da selección natural (a loita pola supervivencia, naque se impón o individuo máis apto) lido cos lentes do novo capitalismo global.Velaí, en síntese, o cerne doutrinario do ultraliberalismo lingüístico.
Sobre as devanditas premisas, distínguese entre aslinguas étnicas (vencelladas ás identidades impostas de comunidadespechadas e regresivas) e a lingua cívica (asociada á libre participaciónna cidadanía dunha sociedade aberta e progresista), e sostense que aproblemática das linguas remite aos dereitos dos individuos, ao tempo que se rexeita o recoñecemento daexistencia de dereitos lingüísticos colectivos.
Pois ben, esas dicotomíasque contrapoñen dunha banda o individual co colectivo e doutra o étnico cocívico están fóra de lugar cando tratamos de idiomas. Cada lingua é ao tempo einseparablemente un fenómeno persoal e colectivo, e expresa simultaneamente a identidade de cadaindividuo e dos grupos sociais cos que se referencia (non só das nacións, taménoutras identidades: de xénero, de idade, de clase, etc.). A única maneira deaprender unha lingua viva é utilizándoa na interacción, e por iso carece desentido a noción dun idioma que fose lingua de un só individuo illado. A linguaé un fenómeno inherentemente interpersoal. De máis a máis, toda lingua normalizadaposibilita –de feito, é condición indispensable para– a participación de todase cada unhas das persoas, a través da comunicación e do diálogo, na construcióncolaborativa dunha cidadanía partillada e na conformación da opinión pública.
Así mesmo, anoción de que os individuos escollen libremente a lingua que falan no día a díaé, salvo excepción, sinxelamente quimérica, pois cada persoa aprende a falar, porinmersión no medio social en que se desenvolve, na lingua (ou no seu caso, coalinguas) coa que está en contacto nos primeiros anos da súa vida, e só en casosespeciais ten a posibilidade de optar máis tarde por falar outra ou outraslinguas. Dixemos optar por, pero mesmo cando se dá esta posibilidade nonacostuma ofrecerse como unha opción que o individuo é libre de escoller; máisben, serán as condicións ambientais (e particularmente, as redes sociais en queun participa, o mercado de traballo ou as oportunidades de integración epromoción social) as que o convidarán ou o forzarán a usar esa segunda lingua.Por parte, en condicións normais ningunha persoa abandona a súa primeira linguaa favor doutro idioma; isto faise cando a un non lle queda outra (por exemplonos casos de emigración), e raramente por decisión voluntaria.
Xa é sospeitosoque as máis apaixonadas defensas da ‘liberdade lingüística’ procedan de ámbitosmonolingües, no noso caso, da España central. De feito, nas sociedadesmonolingües a cuestión da ‘liberdade lingüística’ simplemente carece desentido, non ten lugar, por ausencia de ‘condicións de posibilidade’. Só nassociedades plurilingües se dan esas condicións. Cal é a marxe de opción lingüísticadunha persoa nacida e residente en Sevilla, Madrid, Santander ou Zaragoza? Porque a esixencia de coñecemento do castelán (aínda que sexa implícita) paraacceder aos postos de traballo en calquera desas cidades non constitúe ningunhacaste de imposición , e en troques a esixencia de coñecemento do galego paraeses mesmos postos de traballo en Lugo, Pontevedra ou Betanzos si que resultaunha imposición inaceptable?
Do mesmo xeito,a idea segundo a cal tanto as dinámicas de relación entre as linguas canto asopcións lingüísticas dos individuos estarían reguladas por un mercadolingüístico libre constitúe unha falacia contraria a toda a evidencia e todo osaber acumulado pola sociolingüística, pois ignora os complexos aspectosculturais, sociais, políticos e económicos que entran en xogo nas situación decontacto e conflito lingüístico e os motivos que poden levar os individuos ecomunidades a abandonar a súa lingua orixinal para adoptar unha distinta. Asdiferenzas entre linguas remiten ao final a desigualdades de todo tipo dascomunidades de falantes.
Ademais, opunto de vista economicista impón un reducionismo inaceptable sobre a complexarealidade multidimensional das linguas, coas súas compoñentes psicolóxicas,sociais e culturais: os idiomas son moito máis ca produtos mercantís, do mesmoxeito que as persoas somos moito máis ca simples actores económicos,consumidores ou forza de traballo.
A falsificaciónda historia chega á negación das políticas de imposición do castelán promovidaspolo Estado, que durante longas e recentes etapas da nosa historia adoptaronmodalidades salvaxemente represivas: pénsese só nas dúas ditaduras que enchen oséculo XX español. Os galegos e galegas, nin como individuos nin colectivamente,tivemos nunca a opción de abandonar libre e voluntariamente o galego parapreferir o castelán. Máis ben, o abandono do galego é consecuencia directadunha política de efectos devastadores para Galicia, e en particular sobre as súasclases populares, unanimamente galego-falantes ata hai poucas décadas. O propiopreámbulo da Lei de Normalización Lingüística, que antes citamos, o explicitacon toda rotundidade.
Finalmente, ospartidarios da suposta liberdade lingüística insisten nos dereitos dosfalantes, contrapoñéndoos aos dereitos das linguas, isto é, das comunidadeslingüísticas. Pero eles non reivindican nin poderían reivindicar os seusdereitos –que segundo reclaman, estarían sendo vulnerados polas leis e aspolíticas normalizadoras–, en canto individuos illados nun mercado libre.Reclámanos como grupo social e en nome dunha Constitución que declara o castelánlingua oficial do Estado e que, por certo, proclama o deber dos cidadánsdese estado de coñecer esa lingua: a previsión máis impositiva en materia delingua de todo o tramado xurídico-legal español. Se esa reclamación se fixese atítulo puramente individual, teriamos tamén que recoñecer os dereitos dosfalantes do árabe, do inglés, do romanés, do bérber e de todas as linguas dosinmigrantes, turistas e visitantes.
Todos nosdecatamos de que unha cousa é o dereito que ten todo individuo a falar,aprender e usar libremente calquera lingua, un dereito humano básico que debeser respectado en calquera parte do mundo e en calquera situación, e outracousa moi distinta é a realidade de que dependendo do lugar ou a ocasión en queun se atope, determinada lingua é ou non é útil (ou máis útil ou vantaxosa caoutra) para a comunicación e a integración sociais.
Aínda máis,todos nos decatamos, porque é evidente, de que unha cousa son os dereitosindividuais de todo falante de calquera lingua e outra cousa distinta é o usodunha ou outra lingua nos servizos que as administracións públicas e asempresas están obrigadas a prestar aos cidadáns, usuarios ou consumidores,cousa esta dependente do arraigo social destas e/ou da regulación oficial do seuuso nunha serie de ámbitos (administración, xustiza, sistema educativo, etc.).Por iso, a noción de ‘mercado lingüístico libre’ só pode ser tomada como unhametáfora máis ou menos enxeñosa, pero nunca coma unha clave explicativa dosmecanismos e das dinámicas sociais de relacionamento entre as linguas ou entre osfalantes.
Aínda máis, dadoque todo individuo aprende de xeito espontáneo a lingua ou linguas do contextosocial en que nace e se desenvolve, e dado que o uso da lingua esixenecesariamente interlocutores/as a quen dirixirse e redes sociais a través dascales comunicarse, cando se trata de idiomas carece de sentido a dicotomía queopón o individual e o colectivo. E tanto pola inevitable asociación das linguascon tradicións culturais e identidades de grupo, canto polas esixencias daorganización da comunicación social, o recoñecemento e o uso público daslinguas vén necesariamente establecido e regulado de xeito máis ou menosexplícito e máis ou menos rigoroso por diferentes poderes, e nomeadamente os doestado.
En definitiva,existen dereitos lingüísticos universais, pero a regulación destes e dosdeberes públicos con respecto aos falantes necesariamente se realiza en marcos político-territoriaisdefinidos. Así, por exemplo, os escolares teñen o dereito universal a recibir oensino na súa lingua, pero iso non intitula a ningún individuo particular parareclamar que a súa filla sexan escolarizada en castelán, galego ou francés enHelsinki, Tokio ou Kuala Lumpur.
De aí a falaciada noción de ‘imposición do galego’: se o galego é plenamente oficial enGalicia, e se a nosa lexislación sinala como un obxectivo colectivo anormalización do seu uso social, simplemente carece de sentido falar de‘imposición’ da nosa lingua no territorio galego. O que en realidade acontece éque hai persoas e estamentos sociais que aspiran a vivir, traballar edesenvolverse en Galicia ignorando a existencia do galego. Como nun momentodado comezaron a ter a sensación de que a competencia bilingüe que rexeitan adquirirpodía acabar supoñendo unha certa avantaxe en relación co monolingüismo encastelán ao que se aferran, deron en queixarse da ‘imposición’ do galego. Se ocomún dos cidadáns e cidadás de Galicia, pola forza das cousas, ten que saber eusar o castelán independentemente do seu gusto ou preferencia, iso non é‘imposición’; iso é ‘liberdade’ grazas ao ‘mercado lingüístico’. Se se tentacompensar esa situación de feito mediante a promoción do galego, iso si que éimposición, contraria á ‘liberdade lingüística’.
Con todo, arefutación máis concreta e demoledora contra este falseado discurso daliberdade lingüística ofrécennola os datos de que dispomos grazas aos máissólidos inquéritos demolingüísticos realizados en Galicia, que analizamos endetalle na versión completa e impresa deste discurso, que convido a vostedesque lean. Estes datos mostran claramente que a decisión persoal é a principalrazón para o cambio lingüístico dos castelanfalantes cara ao galego, mentresque o cambio dos galegofalantes cara ao castelán na maior parte dos casos nonconstitúe unha opción libre senón que vén forzado polas circunstancias. O cal,por certo, confirma o que toda persoadeste país sabe por propia experiencia ou, senón, a pouca capacidade deobservación que teña.
Galego ecastelán son, dependendo da traxectoria de cadaquén, ora lingua de liberdadeora lingua de necesidade; pero se unha expresa de xeito máis cabal cá outra omovemento histórico emancipador do noso pobo, as ansias de futuro do noso país,e moi especificamente o compromiso individual con aquela tradición emancipadorae esta arela de liberdade, esa é o galego, sen ningún xénero de dúbida. E istovai dito sen asomo de menosprezo polo castelán, que é tamén lingua nosa, edesde logo é tamén lingua de quen lles fala.
En definitiva,e para irmos concluíndo: en Galicia non existirá xenuína liberdade de lingua encanto o galego non sexa un idioma plenamente normalizado.
CONCLUSIÓN
Ora, arecuperación do galego é un reto enormemente esixente, unha angueira que tenque comprometer a sociedade no seu conxunto, unha empresa en que Galicia debeforxarse como país, un desafío que forma parte esencial do noso propio procesode construción colectiva. Se o galego se perdese, o máis grave non sería queGalicia perdería un atributo que a intitula para ser recoñecida como unhanacionalidade de seu. O máis grave sería que esa perda constituiría, moiprobablemente, unha proba definitiva da incapacidade do noso país paraarborarse como tal.
Polacontra, se conseguísemos normalizar o galego, asegurar o seu futuro encondicións dignas, a significación principal do feito non estaría en que así conservaríamosun elemento básico para reivindicar a identidade diferenciada de Galicia. Asignificación da proeza consistiría en que demostrariamos (tanto a nós mesmoscoma aos demais) que posuímos a competencia dunha sociedade madura e adeterminación dunha nación feita e dereita. A reivindicación, promoción e finalnormalización dun idioma son, adoito, distintas fases que corresponden coasdistintas etapas doutro proceso máis amplo, simbiótico con respecto a aquel, deconstrución dunha identidade colectiva, en definitiva, da forxa dun país.
Se aempresa de restitución do idioma é un proxecto de alcance colectivo, a primeiraconclusión que debemos tirar é que á hora de abordala temos que superar alimitada perspectiva partidista. Non estamos suxerindo que haxa que colocar apolítica lingüística a resgardo do debate público, o que sería unha pretensiónincongruente coa democracia e na práctica inalcanzable. Referímonos a conseguiro clima social imprescindible para que as trabes mestras desa política nonestean máis suxeitas ás tirapuxas tácticas da lexítima e necesaria competiciónentre partidos.
Pero teráque ser a propia sociedade a que interiorice esa perspectiva de longo prazo eimpida as manobras de curto alcance. Pois non podemos esquecer que o principalcampo de batalla da loita pola recuperación do galego é a propia sociedade,máis ca os partidos políticos e as institucións públicas. Do mesmo xeito que o avanceno noso autogoberno só foi e será posible na medida en que a cidadanía galega secapacitou para regularse a si mesma, de igual maneira que a cultura galega comosistema autónomo só será viable na medida en que obteña o apoio de públicos dabondoamplos e diversificados, dese mesmísimo xeito a lingua galega só terá futuro sea comunidade no seu conxunto afronta o desafío de restituíla como algo propio,mesmo das persoas que non a falan.
Se algoqueda claro ao final deste repaso polos retortos vieiros da normalizaciónlingüística nas últimas décadas, é que este é un camiño aberto. A normalizaciónlingüística constitúe, de certo, un campo de confrontación de intereses, devalores e de visións do mundo; pero, ademais, consiste tamén nunha experienciade aprendizaxe colectiva. Se concibimos así a normalización lingüística,debemos recoñecer que ninguén posúe de antemán as solucións aos numerosos dilemas que están involucrados nela e cos queimos batendo ao longo do camiño. Por iso, é fundamental abordar a tarefa conafán construtivo, con espírito aberto, con mentalidade crítica e con disposiciónao diálogo. Porque a verdade social, sempre parcial e provisoria, non se atopapreconstituída, senón que se constrúe a través da deliberación pública, acondición de que esta se produza en condicións de liberdade e igualdade, e sexaguiada por afán honesto da súa procura.
Abordar oproceso de normalización con ese talante esixe renunciarmos a todo dogmatismo epormos constantemente a proba a capacidade para revisar, en contraste coarealidade e co resto dos axentes sociais atinxidos, os puntos de vista de cadaquéne as fórmulas máis acaídas para cada situación. Para que un debate sexa arrequentador,os participantes nel teñen que asumir o principio colaborativo, fundado naprocura do ben común: esforzarse por presentar os puntos de vista, asinformacións e os argumentos como achegas positivas, ao tempo que se estádisposto a valorar os dos demais do mesmo xeito. Nun debate deste tipo non seentra tanto para dar leccións canto para recibilas.
Paraconstruírmos un porvir de noso, no canto de padecer un futuro imposto, teremosque aplicar moita vontade, moito enxeño, moita habelencia. Debemos manter a capacidade de seguirmos aprendendo endiálogo aberto, apegados á Galicia real, na rebusca dun camiño para saír dolabirinto. Sen esquecer que, como nos ensinou Constantin Kavafis, o importantenon é o destino, o importante é a mesma viaxe.
Comezamoseste discurso que está a piques de rematar lembrando que os tempos que veñennon parecen favorables, nin para o idioma galego nin para o noso país. Estamos pasando leste, diríase na miñaterra. Pero, apurámonos a engadir, os tempos xa foron peores. Os nososdevanceiros na demanda da dignificación do idioma e da construción dunhaGalicia próspera, xusta, libre e culta tiveron que facer fronte con moitos menosrecursos ca nós a atrancos máis témeros e circunstancias infinitamente máisadversas cás que nos cadra confrontar arestora. Por eles e por elas, pero sobretodo polas xeracións que nos seguirán, as nosas fillas e os nosos fillos e maisos fillos e as fillas destes, non temos dereito ao desalento. Ou si, temosdereito ao desalento, pero coa única condición de que saibamos soerguernos,coller rumbo e gañar novo pulo. Que así sexa.
Graciñaspola súa atención.